Saltar al contenido

PROGRAMA “APOIO SAÚDE MENTAL”

Este programa supón a aplicación dos apoios no exercicio da capacidade xurídica que deciden os xulgados para persoas con enfermidade mental que así o necesiten na provincia de Ourense, sur de Lugo e Lalín, e é FUNDACION GAVELA a encargada de facelo se así o consideran.

Coa participación de ALBORES SAÚDE MENTAL en Monforte e A.F.E.M. MOREA en Lalín chegaremos a máis persoas na CA. Será Fundación GAVELA a coordinadora, e supervisora dos beneficiarios da provincia de Ourense e Lalín, a que se encargue de asumir os cargos, así como de realizar as xestións previas. A asociación de Monforte realizará o traballo de supervisión das persoas da súa zona e porá persoal e as súas instalacións. A.F.E.M. MOREA achega persoal de administración e os seus locais en Ourense e Lalín.

O modelo de traballo baséase na atención personalizada, centrada na persoa e no respecto á súa vontade para a mellora da súa calidade de vida.

Os seus obxectivos específicos son:

1 – Mellorar a calidade de vida das persoas beneficiarias directas, proporcionándolles as medidas de apoio que, de acordo cas súas circunstancias concretas, poida necesitar para o exercicio da súa capacidade xurídica.

2 – Potenciar a autonomía e o dereito de autodeterminación a través dos apoios decretados xudicialmente para participar de forma activa na sociedade. 

3 – Proporcionar as medidas de apoio a, polo menos, 5 persoas na provincia de Ourense, 1 na de Lugo (Monforte) e 1 na de Pontevedra (Lalín).

4 – Coordinarse de forma fluída con outros servizos (xudiciais, sociais, sanitarios, administrativos).

5 – Informar, orientar e asesorar sobre os procedementos de provisión de apoios tanto aos propios usuarios como a familiares, profesionais ou calquera que o solicite de maneira personalizada.